Participa no blog, comenta, coñece a outros autores...

Normas do bo uso do site

Cando nos envíe datos de carácter persoal e/ou material para participar no sitio web, revisarémolo para determinar se infrinxe os nosos Termos de uso. Despois decidirase se o material se ha utilizar no sitio web. Vostede comprométese a que todos os datos de carácter persoal que nos envíe sexan coherentes e se correspondan con datos reais da súa identidade. Aquí amosamos algunhas normas que lle axudarán a evitar problemas.

  • O material que envíen os participantes do sitio web debe axustarse aos requirimentos descritos na Web.
  • Respecte a propiedade intelectual e industrial. Suba á páxina web unicamente material creado por vostede ou material sobre o que teña todos os dereitos necesarios tanto para usalo como para que sexa publicado no sitio web baixo os termos dunha licenza Creative Commons "Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España" polo prazo máximo permitido legalmente. Isto significa non enviar material que non creara vostede nin utilizar contidos de ningún tipo cuxos dereitos pertenzan a un terceiro.
  • A Web contén espazos de debate e comentarios sobre a actividade do sitio web.
  • Para realizar “post” en calquera dos blogs, débese obter permiso do Administrador, este permiso concédese unha vez se efectúe o rexistro no sitio web.
  • O administrador será o moderador do sitio web. Deste xeito, pode eliminar comentarios ou non publicar os “post” atendendo á súa natureza ou forma. O administrador resérvase o dereito a eliminar os “post” que non sexan produtivos e interfiran no bo funcionamento do sitio web.
  • Non se permitirá o uso de palabras malsoantes, expresións que poidan ferir a sensibilidade dos usuarios, comentarios ofensivos, nin temas que non estean relacionados coa actividade do sitio web.
  • Recoméndase reducir o tamaño das imaxes que se publiquen na web.
  • Ao utilizar a función “Citar”, é necesario editar o texto referido deixando só a parte á que se quere responder e indicando a modificación con puntos suspensivos. Pídese evitar “citar” as fotografías a menos que sexa imprescindible referirse a elas.
  • Non se permitirá o uso do foro ou outras aplicacións do sitio web en beneficio propio dos usuarios, calquera acción neste senso provocará a expulsión do usuario infractor.
  • Está prohibida a utilización de vídeos ou cancións con copyright. De producirse, serán eliminados rapidamente.
  • Será motivo de expulsión o uso de ferramentas utilizadas para molestar a outros usuarios, como realizar spam nos "correos electrónicos" dos usuarios ou a través de mensaxes privadas.
  • No caso de que un participante falte ao respecto a calquera outro usuario, ou ocasione conflitos, será expulsado do mesmo.
  • O material enviado polos participantes publicarase na web educ@conTIC baixo os termos dunha licenza Creative Commons "Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 España" polo prazo máximo permitido legalmente. Polo tanto, está terminantemente prohibida a reprodución da información facilitada nesta páxina web e/ou foro sen facilitar a fonte da mesma, ao igual que a copia ou a imitación do deseño sen permiso do administrador da web ou non seguir algunha das regras da licenza mencionada.

listen to us

líganos

Comunidad en Procomún