Participa no blog, comenta, coñece a outros autores...

Acerca de nós

O I Congreso Nacional Internet en el Aula tivo o seu reflexo virtual nunha web que se converteu no punto de encontro da comunidade educativa interesada pola aplicación das TIC nas súas aulas. Como continuidade xorde este sitio web que pretende seguir sendo un espazo de difusión e intercambio de boas prácticas educativas onde as TIC son as principais protagonistas.

educ@conTIC

Entre as actuacións comprendidas dentro do Programa educ@conTIC, red.es, xunto co Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, o Ministerio de Industria, Turismo e as Comunidades Autónomas están desenvolvendo accións co obxecto de apoiar a integración das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na Educación, tales como instalación de infraestrutura nos centros educativos, desenvolvemento de contidos educativos dixitais de calidade, almacén de obxectos dixitais educativos, produción de materiais formativos para a capacitación docente, etc. Todas as accións están destinadas a centros de ensino financiados con fondos públicos de réxime xeral non universitario e de réxime especial, así coma a centros de formación de profesores e escolas universitarias de formación do profesorado.

Red.es

A Entidade Pública Empresarial red.es, adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, ten como misión contribuír ao fomento e desenvolvemento das telecomunicacións e a sociedade da información no noso país.

As funcións de red.es fóronlle atribuídas legalmente no artigo 55 da Lei 14/2000, de 29 de decembro, polo que se modifica a Disposición Adicional Sexta da Lei 11/1998, de 24 de abril, Xeral de Telecomunicacións expresamente declarada en vigor pola Disposición derogatoria única da Lei 32/2003 de 3 de novembro Xeral de Telecomunicacións.

Plan Avanza2

O Plan Avanza deseñouse para poñer a España nunha situación de preferencia dentro da Sociedade da Información e do Coñecemento, para mellorar a súa produtividade económica e o benestar de todos os cidadáns españois. Resultado do éxito, o Goberno lanza o Plan Avanza2, cuxo principal obxectivo é contribuír á recuperación económica do noso país grazas ao uso intensivo e xeneralizado das TIC, cunha especial atención aos proxectos que compaxinen, ademais, a sostibilidade e o aforro enerxético.

Neste contexto, Avanza2 ten como reto non xa tanto a dinamización da oferta (acadada xa en grande medida) coma o fomento da demanda, así coma no aproveitamento do pulo do desenvolvemento do sector para a consolidación dunha industria TIC propia especializada en sectores estratéxicos e sempre entregado á peme, na que se centra a meirande parte dos esforzos.

As iniciativas de Avanza2 agrúpanse en cinco eixes de actuación:

  • Desenvolvemento do sector
  • Capacitación TIC
  • Servizos Públicos Dixitais
  • Infraestrutura
  • Confianza e Seguridade

listen to us

líganos

Comunidad en Procomún